Foto de perfil
Borja González Seoane

Enxeñeiro informático


Sobre min

Son un enxeñeiro informático galego, vernáculo da Costa da Morte. Interésame a intelixencia artificial e a creación de proxectos de base tecnolóxica e aplicación empresarial. A nivel persoal gústame o mar e os bos libros.

Domino con fluidez galego, castelán, inglés e italiano.


Contacto
O meu correo electrónico en formato de imaxen para evitar spam. Sería: 'borja' seguido dunha arroba, seguido de 'glezseoane' punto 'eu'.
Chave GPG: AA3357DA

Onde vive o meu código
Logo de GitHub Logo de GitLab
Logo de Homebrew Logo de PyPI

Onde vivo eu
📍 Costa da Morte, Galicia, España
Bandeira de Galicia Bandeira de España

Actualmente


A día de hoxe estou rematando os meus estudos en enxeñaría informática, pola Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Tamén traballo nun proxecto propio potencialmente empresarial coa intelixencia artificial coma eixo.

Estou aberto a valorar novos escenarios profesionais a curto prazo. Teño intereses e curiosidades de amplo espectro dentro da miña profesión, aínda que a intelixencia artificial é una das vertentes ás que me gustaría máis adicarme; con focos de aplicación coma saúde ou medio ambiente.

Software publicado últimamente


  • Gitcher Python - The git profile switcher. It facilitates the switching between git profiles, importing configuration settings such as name, email and user signatures.
  • Devphant Ruby - The elephant who remembers all your development projects and facilitates you its maintenance.
  • Gitfind Shell - Utility that finds the git repositories included in the directory you want. You can only list or apply another specific utility to them.
  • Folder-Stamp Python - Generate custom macOS folder icons with a desired image as stamp.
  • Monoshape Python - Extracts a monochromatic shape in the desired color from an image. Works as final TUI app and as Python library.

Traxectoria profesional


Cofundador e director de tecnoloxía
Red Dratum S.L.
Dende agosto de 2016

Dratum foi un proxecto empresarial concibido para crear un vínculo entre a universidade e o mundo laboral. A iniciativa seleccionouse para formar parte do Viveiro de Empresas de Base Tecnolóxica da Universidade da Coruña, onde permaneciu entre 2016 e 2017.

A miña función dentro de Dratum abarcou tódalas fases dende a concepción e maduración da idea ata a súa confección, finalmente non completada de cara ao público. Non obstante, foi unha gran aprendizaxe para min en mercadotecnia, deseño gráfico, a creación dunha marca e unha empresa dende o punto de vista legal, etc.

Traxectoria académica


Grao en Enxeñaría Informática
Facultade de Informática
Universidade da Coruña
Dende setembro de 2016
Coma parte do Grao en Enxeñaría Informática
Mención de especialidade en Ciencia da Computación
Facultade de Informática
Universidade da Coruña
Dende xaneiro de 2019
Coma parte do Grao en Enxeñaría Informática
Estancia internacional Erasmus+
Facoltà di Ingegneria dell'Informazione, Informatica e Statistica
Università di Roma - La Sapienza
Dende febreiro ata xullo de 2019

Propiedade industrial


Patentes e modelos de utilidade rexistrados perante a Oficina Española de Patentes e Marcas: